A onde temos que dirixirnos no caso de discriminación lingüística

Aparte de saber dereitos, hai que saber a onde podemos dirixirnos no caso de discriminación, desprezo por parte de entidades PÚBLICAS. Velaí vos deixo un fragmentiño para saberes máis:

“…Ademais de entregarnos a nosa queixa á entidade que nos discriminou. é recomendábel que, a maiores a encamiñemos á Mesa Pola Normalización Lingüística, á secretaría xeral de política lingüística, e ao Valedor do Pobo, para que fique constancia do acontecido e fagan posíbel para solucionala. Podemos utilizar o correo electrónico ou as páxs. webs:

a) MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA:

É unha entidade cidadá, coas consabidas limitacións humanas e económicas, mais daralle eco e máis forza á nosa queixa.

– amesa@amesanl.org 

– linhadogalego@amesanl.org

b) SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA:

É o departamento do Goberno galego que ten como finalidade promover o idioma de Galiza e defender os dereitos lingüísticos. É sabido que o seu funcionamento actual deixa moito que desexar, mais ten a obriga de tramitar e responder a nosa queixa:

– sxpl.secretaria@xunta.es

c) VALEDOR DO POBO:

(se a entidade é do ámbito local ou autonómico) ou o Defensor del Pueblo (se é para a administración do Estado ou entidades estatais). Tamén teñen a obriga de tramitar e de responder a nosa queixa. No caso do Valedor, o escrito enviarémosllo a:

– rexistro@valedordopobo.com 

– no defensor, dende a páx. web: www.defensordelpueblo.es (…)

Sacado do libro: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos., de Carlos Callón.

(Eu xa fixen un par de queixas, fai a túa tamén!, Jenny)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s