Se nos comezaren con provocacións e tratamentos despectivos do tipo “ahí vienen los del Bloque”, “pero si todavía usted hablase buen gallego”, “eso es un dialecto”, etc., tentemos dar exemplo de serenidade e non caiamos na trampa de quen quere crear problemas. A mellor resposta? Lembrarmos con firmeza e tranquilidade: “Perdoe, eu só lle solicito que…” e dicir o queremos: que nos atendan en galego, que nos ofrezan un formulario en galego, etc. Isto é o que se chama ter unha actitude asertiva: que non agrede a ninguén mais que tampouco é submisa. Que non nos enfademos non se debe traducir en que vaiamos permitir que nos traten con menosprezo ou desconsideración. A seriedade e a firmeza non deben estar rifadas coa cordialidade.
É recomendábel tamén que a linguaxe corporal vaia acompasada co que digamos. (…)
Sacado do libro: “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón
Deixar unha resposta