De aí que nos olvidemos do aprendido. DENDE 2003 e algúns retoques en 2007, A LINGUA GALEGA NON CAMBIOU A NORMATIVA. O que pasa temos escasos medios que a utilicen e estamos envadidos cosntantemente con información en lingua castelá repetetiva, esquecéndonos das normativas incorporadas do 2003. A Real Academia Española cambiou máis veces a normativa pero, como dixen antes, a base de repetición por velos en tódolos lados, pois quédanos e lembrámolo.
A nova normativa quixo chegar a todos facendo un gran estudo de cómo sería o avance da mesma se non a interrompese os prexuízos dos gobernantes facendo crer o pobo que o galego era a lingua de pobres e de tontos. E a normativa do 2003 quixo refrescar esa lingua apagada porque tiñamos máis normas que tiñan que ver coa lingua castelá que co galego.
Si, o portugués vén do galego, sería exactamente como deberiamos falar pero tampouco poden pedir ao pobo que cambien ao portugués directamente. Hai que ser conscientes de que o retraso da divulgación do galego existiu e forma parte da historia, guste ou non guste. Por iso o galego actual parécese ao portugués e ten normas de tódolos sitios de Galiza escollidos para enriquecer o noso idioma e no dar un paso atrás. Por exemplo: Algunhas normas son costumes da fala da xente de Costa da Morte; outra norma coa fala dos de Lugo, etc. Estudaron o que máis falaba a xente e que tiña que ver co galego e non co castelán.
De aí que sexa “rara” en principio. Pero insisto, non sería tan raro se houbese máis medios en galego… Por iso maniféstate connosco e divulga información no noso e propio idioma!
Deixar unha resposta