Macrotopinimia: A toponimia das entidades de poboación (de Laxe)

laaxe

PARROQUIA DE LAXE

laxe farro                 laxe praia

Finllido:

Terreo fendido. Do latín findo, “rachar”.

laxxe

Laxe:

O nome da capital do concello deriva da raíz precéltica lab-, “pedra aplanada”.

Sinala un espazo onde abundan as laixas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAlaxeeeee

PARROQUIA DE NANDE

Aprazaduiro, O

IMGP1082

Topónimo derivado do latín ad plateatorium, “lugar onde é necesario deterse”.

Este lugar, punto onde se cruzaban os camiños que comunicaban as parroquias de Traba, Sarces e Salto, estaba presidido por unha capela dedicada ao culto da Concepción e dependentemente da casa do Aprazaduiro. A presenza deste elemento relixioso obrigaría aos transeúntes a facer unha parada, seguramente para rezar.

Biqueira, A

O bico defínese como a parte máis alta ou a máis adiantada dun lugar.

Gundar:

Antropónimo de orixe xermánica. A estrutura sintáctica deste nome de lugar sería (Villa) Gontari, “Vila de Gondar”.

Matío

Lugar establecido sobre un espazo ocupado por matogueira.

Reboredo

Do latín robur, “roble” e sufixo -edo. Lugar poboado de carballos (Quercus robur)

PARROQUIA DE SARCES

Coéns:

Deriva da raíz con– e significa “lugar rochoso”

Torre, A

Do latín turre, “fortaleza”. Da antiga construción, residencia habitual da fidalguía galega do Antigo Réxime, só se conservan algúns restos.

Virtudes, As

Haxiotopónimo que pode indicar a pretérita existencia dunha ermida ou santuario consagrado a unha ou a varias persoas santas.

PARROQUIA DE SERANTES

Cabanas

Do latín capanna. Teóricamente indica un lugar ocupado por casas feitas con materiais pobres, pero tamén podía ser o sitio onde os paisanos levantaban as cabanas.

Canle, O

Do latín canale, “canle”

Carrabete

Antropónimo. Este nome provén dunha familia que estableceu a súa residencia neste lugar no século XVI  e que era coñecida polo patrónimo Carrabete.

 Conlle

Da raíz con-, “penedo”

Lourido

Fitónimo que ten como referencia o loureiro (Laurus nobilis), unha árbore característica desta área.

Piñeiro, O

Do latín pinus. O Pinus pinea, piñeiro ou pino manso foi introducido polos romanos en Galicia para aproveitar o seu froito, o piñón.

Romea, A

Lugar onde nace a romea (Rosmarinus officinalis), un arbusto moi rescendente

Salgueirón

Fitónimo que deriva do latín salix, “salgueiro”.

Transfotáns

Lugar sito “detrás das fontes”.

PARROQUIA DE SOESTO

soesto

                     soessto

Arrueiro, O 

A base desste topónimo é a palabra rúa. Rueiro indica a vía de servizo dunha casa labrega galega onde se situaban espazos como o curral, a eira, a horta econstrucións como o hórreo, a palleira e os alpendres.

Rúa era unha palabra feminina polo que ía antecedida do artigo determinado a. O artigo asimilouse á palabra rueiro co paso do tempo e, posteriormente, ao ser rueiro masculino, anteponse o artigo “o”.

Trátase dun fenómeno lingüístico denominado prótese que consiste en engadir unha vocal ao principio da palabra. Exemplos idénticos serían Abidueira, Oporto, amoto ou arradio.

O nome adoptado polo nomenclátor oficial da Xunta de Galicia para este lugar é O Rueiro.

Castrelo

Este topónimo é sinínimo de castro pero até hai pouco, neste lugar non había vestixios da cultura castrexa. Os habitantes do castro da Torre, romanizados e obrigados por necesidade a abandonar o seu hábitat e a establecerse nas chairas, manteñen no novo asentamento a súa identidade e por iso seguen a considerarse castrexos.

Centeal, O

Do latín centenu. Lugar apto para o cultivo de centeo, un cereal utilizado para facer pan.

Soesto

Do latín sub honestu, “debaixo dunha residencia de honra”.

Actualemente non quedan vestixios desa ocntrución, pero as referencias históricas documentan que o rei Alfonso IX tiña unha peza residencial no espazo que máis tarde será ocupado polo Pazo de Leis, actualmente propiedade dos Raxoi.

PARROQUIA DE TRABA

 traaaaaaaaa

Ao igual que en Nande, Sarces e Serantes, Traba é só un ente administrativo, unha parroquia, xa que non existe como núcleo poboacional, pero no caso de Traba debe ter un tratamento diferenciado porque aparece como topónimo no centro do val. (lembra que estamos a falar da toponimia, porque Traba é un sitio simplemente, espectacular”)

IMGP0372IMGP0376

Boaño

Nome de lugar derivado da base prelatina bod-, “auga”.

Cabanela, A

Fórmase a partir da voz latina cappana e do sufixo diminutivo -ela.

Sinala a presenza de vivendas rústicas de construción feble, xeralmente de madeira e pala, utilizadas para gardar  útiles e bens relacionados co sector primario.

Campodorreiro, O

A acepción orixinal deste topónimo debe entenderse como Campo do Rieiro. A paraxe inclúe varios regatos de auga que son afluentes do río de Traba, con presenza de muíños e, máis abaixo, unhas terras que presaxian a existencia de folóns.

Canle, O

Do latín canale. Este topónimo sinala un espazo que se sitúa na parte máis baixa da confluencia de dous outeiros, similar a unha canle.

Carballar, O

Este topónimo está relacionado cos carballos e repítese con profusión por toda a xeografía de Galicia.

Cernado

Do latín cinere, “cinza”. Este topónimo está directamente vinculado co fenómeno da colonización de terras virxes.

Costa, A

Do latín costa

Cuíña

Topónimo derivado da raíz cun-, “rocha”.

Foxiños, Os

Lugar encravado nun foxo

Melgueiras, As

Do latín melle e o sufixo -eira. Espazo onde abundaban os cortizos de abellas.

Mordomo

Topónimo relacionado con mordomo, un representante da baixa nobreza galega.

Socasas

A lectura deste topónimo asóciase cunha pregunta; ¿debaixo de que casas estaba situado este lugar? Como resposta pode valer a seguinte: debaixo das edificacións localizadas nunha cota máis alta e integradas no Castro de Socasas.

Tella, A

Deriva do latín tegula, Refírese a un lugar con moito barro.

IMGP0364

Información sacada do libro “Laxe nos seus nomes”  do autor Xosé Vidal Pérez 

Para saber máis:

Fai clic para acceder a Toponimia%20Laxe.pdf

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s