“Que Pasa Na Costa”

logo QPNC

Por suposto, non podía ser outra! A maioría xa sabedes de sobra de que vai esta páxina pero para aqueles despistados ou estranxeiros que lles gusta informarse da terra onde naceu e se criou.

Que Pasa Na Costa (QPNC), é un medio  dixital informativo que te mantén ao día na zona da Costa Da Morte.

QPNC naceu co obxetivo de divulgar os acontecementos que ningún medio, xa sexa xornal, televisión ou Internet, se preocupaba por facer noticia.

Ubaldo Cerqueiro, o principal redactor da páxina QPNC, apostou pola iniciativa sabendo que había moitas noticias que informar e que pasaban desapercibidas ante Galicia e, sobre todo, para os costeiros que son os que máis lle interesan.

Tamén, a parte de redactar os acontecementos de cada día, aposta pola cultura e comercio tan característico da Costa.

Recopila blogues seleccionando un cada semana que lle fai chamar “A bitácora da semana”. Entre outros este blogue que estás a ler foi seleccionado unha semana que o podedes ver na seguinte ligazón: http://www.quepasanacosta.com/?p=38279 

E non só conseguiu ofrecernos noticias GRATIS, senón que, grazas a QPNC os costeiros sentímonos máis incorporados á sociedade e máis unidos porque, o que pasa en Cee (por exemplo) podome enterar nun intre acendendo o ordenador xa sexa en Laxe, Vimianzo, Arxentina, ou calquer outro lugar. Porque ata agora eran “rumores” que se dicían sen saber exactamente se era certo.

E moitos apartados máis, como de entrevistas, deportes, festas, etc.

En fin, vai ser mellor que lle deas unha ollada porque é tan completo que estaría todo o día redactando a descrición desta páxina! 😉

Grazas por todo, QPNC!!

Ligazón de “Que Pasa Na Costa”: 

http://www.quepasanacosta.com/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s