Debido a un erro que cometín anteriormente con “casilla”, foi modificada esta entrada. Preguntei os da RAG e isto foi o que me contestaron:” A acepción número 5 de “casa” é ‘espazo dunha táboa, taboleiro, formulario etc., normalmente cuadrangular e separado por liñas’, que probablemente se relacione co sentido que está buscando. E esa é a forma recomendada porque “casilla” nunca tivo a condición de forma aceptada pola normativa.
Moitas grazas.
Bocadillo, tortilla e guerrilla.
son formas correctas na lingua galega.
.
Estas palabras levan moito a confusión porque con frecuencia cométese o erro de utilizar bocata (bocadillo), tortela (tortilla) e guerrilla.
Entón recomendo que te lembres destas 3 palabriñas para non enganarte.
Fácil verdade?
Se tes máis dúbidas podes mirar na páx. oficial da Real Academia Galega:
http://www.realacademiagalega.org/
Ola Jenny, gosto moito do teu blogue, moi interesante. Porén, non concordo con esta entrada… Si che dou a razón en que esas palabras son correctas en galego. Ou máis ben aceptadas, xa que palabras galegas non son, máis ben estranxeirismos españois. Sexa como for, si, pódense utilizar. O caso de casilla non o vexo tan claro, mais ben… habería que adentrarnos na cuestión.
Canto a billa convén non metérmola no mesmo grupo que os anteriores termos, principalmente porque nos en tortilla, bocadillo e casilla ese -ill@ é un sufixo español (como por exemplo en “bombilla” ou “guerrilla”, e no caso de billa non existe ningún sufixo, senón que forma parte do propio lexema. Por cho exemplificar con outro par de palabras: en pequeniño -iño é sufixo, mais o -iño de niño (o dos paxaros) non o é.
Agardo terche sido de axuda e parabéns polo blogue.
Unha aperta.
David
Grazas, David, en serio! Porque eu non son profesora nin filóloga e os comentarios construtivos axúdanme a mellorar e aprender.
Pois acábome de informar que os da RAG, desde que teñen a plataforma online, cambian seguido e tamén cometen erros a miúdo. Sabes que, entre os lingüístas non se poñen de acordo moitas veces e hai debates continuamente. E tamén informáronme de que se non existe casilla agora pois ao mellor é casa como co portugués. E hai outro termo que si entra tamén: guerrilla. Os 3 préstamos habituais do castelán. E o de billa ten toda a razón do mundo, non lla quito. Pero eu useina para que me entendesen co tema -illa e -illo, que ningunha palabra agás esas tres é galega.
Por supostísimo que me serve de gran axuda. Non dubide en poñerme en alerta de calquer erro que atope pois a partires de agora eu son a súa nova alumna xD
Apertaza,
Jenny Costa da Morte
Pregunteilles os da RAG e isto foi o que me dixeron: “A acepción número 5 de “casa” é ‘espazo dunha táboa, taboleiro, formulario etc., normalmente cuadrangular e separado por liñas’, que probablemente se relacione co sentido que está buscando. E esa é a forma recomendada porque “casilla” nunca tivo a condición de forma aceptada pola normativa.”
Grazas, David polo aviso 😉 Unha apertaza!!
Correcto Jenny, moi bo traballo e indagación. Está moi ben afondarmos nestas cuestións e sabermos os motivos e razóns. Non hai mellor forma de falarmos unha lingua que coñecéndomola. O que che dicía de billa é que esa si é completamente galega por non ser -illa sufixo. Mais o que dis ti, as palabras que teñan esa terminación… temos que desconfiar delas, de aí o interesante de aclarar as poucas que son aceptadas, xusto esas tres.
PD: Ah, e polo de filólogos e lingüista non te preocupes, a lingua é dos falantes, non só de quen a estudan.
Unha forte aperta.
David