Por fin venres!! E para que teñades un bo fin de semana pásovos capítulos de SHIN CHAN que, por fin están en galego en Youtube!
Esta é a canción da cabeceira, o resto dos capítulos están en Youtube poñendo “Shin Chan en galego” e seleccionade, (obviamente) os títulos que estean en galego.
Foi unha alegría, unha inmensa alegría!
De vez en cando escribía en Youtube “Shin Chan en galego” E non aparecía nada do meu interese. Hai uns días déuseme por volver mirar (a esperanza nunca se perde…) e non me esperaba que os resultados ían ser máis que satisfactorios!
Shin Chan utiliza linguaxe enriquecida con refráns e palabras que son típicas ou que están a piques de desaparecer en Galiza. Esas palabras que lle fai única a nosa lingua…
Por iso recomendo que, se tendes un momentiño dádelle ao “play” para que desta vez te fixes máis na gramática e non só te centres nas historias disparatadas de Shin Chan (xD)
En definitiva…
Aprende galego botando unhas risas!
Deixar unha resposta