A Mesa Pola Normalización Lingüística

bg-body

http://www.amesa.gal/

Polo seu esforzo. Polo empeño. Por crer no que fan. Porque nunca se renden. Por dar presenza e crer que sí é posíbel. Por todo isto e por moito máis, elexín esta páxina.

QUE FAN? Desde o seu nacemento, A Mesa desenvolveu numerosas campañas e denuncias que a converteron nun referente social imprescindíbel no terreo da normalización lingüística.

Dá a cara e esíxelle ao goberno do PP que actúe a favor da lingua xa que, nestes últimos anos, fixo xusto o contrario…

Para estar informado ou informada de todas as novidades, podes subscribirte a ao boletín de noticias da Mesa!

Tamén podes mercar camisolas, axendas, autocalantes, chapas, bolsa de praia, caderno… podes pegarlle unha ollada na súa tenda virtual e compra online (http://www.amesa.gal/tenda/)

Por certo, non me pagan por esta información nin eu gaño diñeiro. Pero fago porque interésame que se manteña viva esta organización porque temos o mesmo obxectivo 😉

5 euros bolsa de praia cadernofundacion02-1024x908--300x300 camisola eu quero chapa chapadescubreoteupuntogue-1024x1024--300x300 goza coa tua lingua libro

(O prezo das camisolas negras é de 5€, a branca custa 10€; as chapas 1€, a bolsa da praia 3€ e o libro 22€)

Aconséllante e responde as túas dúbidas de como defenderes os teus dereitos lingüísticos GRATUITAMENTE coa:

Liña do Galego da Mesa PNL

A Liña do Galego

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que desde o ano 2007 atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantir o dereito a vivir en galego.

Coa Liña do Galego quérese afortalar o obxectivo de dar cobertura e amparo ás persoas ás que se lles impide desenvolver a súa vida na lingua propia do país.

Para te pores en contacto coa Liña, só tes que nos chamar ao número 902 106 474, escribir a linhadogalego@amesanl.org 

CURIOSIDADES:

A Plataforma “Queremos Galego” e “Fundación Vía Galego“son impulsadas pola Mesa PNL

OPINIÓN PERSOAL
O seu obxectivo e o seu día a día é defender o galego.
Os da Mesa Pola Normalización Lingüística é normal que cobren algo ao ANO para manter as persoas que levan iso e toda a súa actividade que, non lles cae do ceo. 18 euros ó ano se es estudante ou estás no paro. O normal 46 euros ao ano. Centros de ensino 120 euros. Despois tes DESCONTOS EN EMPRESAS, e cales son? pois telas na listaxe da páx. web da Mesa. Podes chamar GRATIS (sendo socio ou non) para queixas, preguntas de dereitos, denuncias, etc. En fin, que ao final acabas gañando en vez de perder… Se pensas que os da Mesa non fan nada, basta con mirar as novidades na súa páx. ou buscar en google.  Se o queres facer de forma anónima pois non pasa nada non dirán que foches ti.
A Mesa responde, non queda calada e móvese grazas a todas esas persoas que aman Galiza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s