Consellos! Pásate ao galego e quédate!

 10 PASOS PARA REVITALIZARNOS EN GALEGO

1. Fala en galego con todo o mundo: coa familia, coas amizades, coa xente que encontres pola rúa… Fai o propósito de te comunicares en galego sempre, mesmo con aquelas persoas coas que até o de agora falaches en castelán.

2. Respecta aquelas persoas que che falen noutra lingua, mais exixe que tamén as noutras persoas respecten a túa. Non lle digas a xente que lingua debe falar. Abonda con que deixes que os feitos falen de ti.

3. Mantente fiel ao idioma galego. Continúa a utilizalo, aínda que che respondan noutra lingua. Se de verdade a persoa coa que estás a falar non te comprense e tes que mudar a outro idioma, faracho saber.

(PARA MIN ESTA É MOI IMPORTANTE, Jenny): 4. Se alguén se esforza en falar o noso idioma, a mellor forma de lle demostrares que valoras o seu comportamento é continuando a falar en galego con normalidade. Un eloxio exaxerado ou festexar diante doutra xente que esa persoa comezou a falar en galego pode causar vergoña e facer que axiña abandone o galego. A normalidade é o mellor afago.

5. Toma a decisión de escribires todos os apuntamentos, notas, correos electrónicos, cartas, etc., en galego. Escolle a opción de galego no teu caixeiro automático, no telemóbel, nas redes socias, etc,.

6. Se for o caso, GALEGUIZA O TEU NOME e restaura o teu apelido. Pídelle a todo o mundo que te chame así e escríbelle a institucións e empresas para que se dirixan a ti coa nova forma oficial do teu nome e apelidos.

7. Faite subscritor/a de publicacións escritas total ou en parte en galego. Le libros, asiste a espectáculos teatrais, musicais, cinematográficos, visita páxinas web, etc., na nosa lingua. Apoia os produtos e servizos que usan o galego na publicidade, etiquetaxe, atención ao público… Forma parte plena da comunidade lingüística galega!

8. Exixe de todas as administracións e empresas de que sexas clienta ou cliente que che escriban en galego. Faino amablemente. Nunca esquezas no teu día a día solicitar que a socumentación vinculada coa túa vida estea en galego, mais non poerdas o tempo e os nervios en pelexas cos inimigos declarados da lingua do país. A eses déixaos de lado, ignóraos.

9. SE TES COMO LINGUA HABITUAL O CASTELÁN e aínda non te ves capaz de falar en galego de forma frecuente, interésate pola lingua de Galiza. Loita contra as inxustizas que padece quen quere vivir en galego en Galiza, pois a represión dunha lingua é un acto de barbarie. Comeza escollendo o galego como idioma no teu caixeiro, nas túas redes sociais, no teu telemóbel, etc. E, o máis importante, tenta falalo e escribilo, porque a mellor defensa de calquera lingua é o seu uso. Non te cortes! Verás que, se te soltas, es capaz de falar en galego moito mellor do que imaxinas!

10. Se sentes un bloqueo psicolóxico, como adoita ocorrer a usar o galego con persoas e en ambientes en que sempre falaches castelán, podes comezar falándoo con descoñecidos, a practicalo en situacións novas, para o ires introducindo despois na túa esfera habitual. Non te avergoñes dos defectos de pronuncia ou escrita; respectar o galego mais a distancia, “sen rompelo nin lixalo”, iso si que deteriora o idioma. Lembra que para falar un idioma ben, primeiro hai que falalo mal e que a lingua que non se fala é lingua que morre.

Información sacada do libro “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón, un libro que recomendo moitísimo! 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s