Cociña con “Kukinhas” e “Bolboretas no bandullo”

Esta semana decidín poñer 2, xa que tratan sobre o mesmo tema: a cociña. En calquer das dúas atoparás receitas curiosas, orixinais e tradicionais.

Se tes algunha dúbida podes resolvelas preguntándolle ás autoras deixando un comentario ou ben, enviándolles un correo electrónico que en cada blogue aparece a súa dirección.

 As dúas son mestras:

Kukinhas é mestra de inglés, mais non dubidou en facer o seu blogue en galego crendo, e con razón, que co galego pódese chegar lonxe. Lembro dunha mestra de inglés que dixo: “o galego non serve para nada e co inglés pódese chegar a calquer sitio.” Si, tiven a punto, mais non me faltou ganas de dicirlle “Mire, as súas clases son de inglés, non de opinións, que por certo completamente erróneas, sobre o galego mais dame moita pena, pena grandísima pena que unha filóloga diga que unnha lingua non serve para nada”.  Pero contívenme seguindo os consellos de Carlos Callón 😉 que dicía que é mellor pasar desta xente e non crear discusións innecesarias e que non levan a ningures.

Ben, por isto, Kukinhas ten toda a miña admiración. Nunca (creo) me deu clase, mais creo que a súa ensinanza é de calidade óptima tal como está a demostrar co seu blogue 😉

E Bolboretas no bandullo é filóloga de galego e do portugués. Os meus parabéns por adicares o tempo libre a facer o que che gusta escribindo na nosa lingua e compartilo con todos nós. Porque hai filólogas da lingua galega que dán clase en castelán… Entón xa se dá por suposto que no seu tempo libre non adica a defender nin escribir a lingua galega…

Tanto chamou a atención esta páxina que os da “A revista” adicáronlle un espazo no seu programa! Podédelo ver na seguinte ligazón:

http://www.crtvg.es/informativos/bolboretas-no-bandullo-un-blog-que-reune-duas-paixons-cocina-e-idioma-galego-2033727

Entón veña! Cociña cuns pasos sinxelos e presume das túas dotes culinarias!

Kukinhas: http://kukinhas.com/

Bolboretas no bandullo: http://bolboretasnobandullo.blogspot.com.es/

Un comentario en “Cociña con “Kukinhas” e “Bolboretas no bandullo”

  1. Ui! Desas “filólogas” tamén coñecín eu algunha que outra (non moitas, afortunadamente), e póñoo así entre comiñas porque non sei como unha persoa que estudou filoloxía pode pensar que unha lingua non serve para nada. Con ese pensamento, non creo que poidas ser boa profesora de ningunha lingua. Moitas grazas polo artigo, a mención e o que escribes tanto de min como de Bolboretas! Moita razón en todo o que dis e segue así, que eu estarei encantada de seguirte lendo. Unha aperta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s