Os Prexuízos lingüísticos

E de volta das miñas vacacións, empecemos outra dose de artigos de Vexamos máis Ala!! A miña teima por defenderes Galiza queda aínda para moito…

Hoxe vou falar de algo que acontece día a día en calquer parte de Galiza. Atendendo a calquer conversa espontánea, xa se pode detectar complexos lingüísticos. Unha vez que detectemos eses complexos, que quizais temos agochados sen sabelo, poderemos eliminalos. Unha cousa moi importante é que hai que sentirse orgullosos de Galiza e por suposto da lingua galega. Por exemplo, estes son dous casos nas que fun testemuña:

* -E que ultimamente está a falar raro.

* – Cando eu estivera facendo prácticas na gardería parecíume curioso que había 3 nenos que se chamaban: Joel, Gael e Xael.
-Ai si! que ultimamente dáselle por poñerlle nomes galegos ao extremo aos nenos… (con cara de “vaia idiotez”)

Outra detención: nun famoso programa galego que vai de acertar palabras e outros exercicios matemáticos/físicos, “Verbas van”… resulta que non as acertamos porque o galego está raro e non hai quen o entenda. Pero Pasapalabra é difícil porque “buscan palabras complicadas”, como dicindo que o castelán é fácill pero que lle dán voltas para complicalo e o galego as palabras son complicadas…

Igual, ti mesmX tes prexuízos sen darte de conta, porén, é conveniente comezar a reflexionar sobre o que ata agora pensásemos sen darse de conta que estabamos danando o avance da lingua galega 

prexuzos-lingsticos-6-638 prexuzos-lingsticos-9-638 prexuzos-lingsticos-10-638 prexuzos-lingsticos-11-638

Información atopada en:
http://www.slideshare.net/ecursocig/os-prexuzos-lingsticos

Sentirse orgullosos do noso é o seguinte paso para eliminar eses complexos que non levan a ningures

Imaxina que non chegase a existir os poemas de Rosalía de Castro ou de Castelao… Ou incluso os “Tonechos”, Matalobos…etc non existirían tal se houbese unha Galiza sen “morriña” sen o “humor galego”, sen as costumes e vida cotiá da xente galega…

Outro exemplo de prezuízos lingüísticos é o que aconteceu na Radio Galega. Unha señora reclamaba ao presentador que falase castelán por respeto. Aviso! Ao escoitar este vídeo vanche dar ganas de romper algo:

Outro exemplo do prexuízo extendido que o explica perfectametaente sen pelos na lingua é o de Brais Doval que tivo bastantes problemas polo acento galego:

 

Os famosos anuncios de Gadis fainos sentir orgullosXs de ser galegXs! 

Con todo isto o que quero e o que queren todas estas páxinas que acabo de pasar é o que dicía Carlos Callón no seu libro “En castellano no hay problema”: que se todo foxe en castelán, a nosa cultura estaría morta. Por exemplo, en vez da “Praza de Obradoiro” de Santiago, se foxe en castelán sería “Plaza del Taller” e queda coma “sen alma”...

LEMBRA:

ESCOLLE a lingua galega como lingua principal en calquer lugar de Galiza, aínda que nos falen castelán e non te preocupes se non o entenden farancho saber.

Nunha páxina web, se ten a opción de traducir ao galego, preme ese botón pois canto máis fagamos presenza do galego, a xente que está detrás diso, detéctano e saben que o galego está a ser reclamado. Incluso para os tradutores escolle o galego. Nos pamfletos, documentos, etc.

Esixe, reclama, pregunta… Porque queremos galego e estamos orgullosXs de falalo! 

2 comentarios en “Os Prexuízos lingüísticos

  1. complexos e prexuízos témolos todos, non falo do galego exactamente, se non en todos os campos.
    como ti dis, o primeiro é percatarnos de que os temos para poder loitar contra eles.
    eu pertenzo a unha xeneración na que a gran maioría de galegofalantes eran persoas que se dedicaban a agricultura e gandeiría, pero sen formación académica, entón moitos de nós tiñamos a impresión de que se falabas galego íante mirar por riba do hombreiro e pensarían que eras unha persoa sen cultura.
    un que tiven eu e me avergoña recoñecer é que non ía ser quen de expresarme con corrección, porque a miña formación foi en castelán, polo tanto o galego que eu falo é o que falaban na casa, un chapurreo mal falado. Pero estou contenta de min porque, a pesares dese handicap, póñolle empeño, intención e emoción, e creo que hoxe me expreso en galego con naturalidade, sen prexuízos e con amor.

    apertas

    • eu tamén falo un pouco de todo (castrapo), non teño grandes títulos académicos e intento, coma ti, expresarme ben co galego. A mágoa é que olvídasenos cousas porque non hai medios (TV, xornais, internet…) suficientes que falen o galego normativo e entón é fácil que se nos olvide. Ese é o principal motivo polo que a xente di que “hai moitas palabras raras e non hai quen o entenda” porque esquécelles rapidamente ao non empregalo nin escoitalo. Eu mesma fixen a proba e non é que cambien cada 2×3, as normas son as mesmas e non obstante, non me lembraba… De aí que presionemos a Xunta de Galicia para que tome as medidas correctas a favor do galego, de aí a nosa loita constante presionándoos para que se movan. Porque podían aportar moito máis… Apertazas!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s