Páxina recomendada: Andel (libraría)

Ben, pois que mellor forma de comenzar setembro (volta ao cole) que recomendando unha libraría que aposta pola lingua galega?? Mais podes regalarte para superar mellor o síndrome pos-vacacional algunha música, tamén, galega que son difíciles de atopar!!! 
 andel libraría galega e portuguesa
Andel virtual foi creada na primavera de 1997 como a primeira libraría virtual galega, e dende o verán de 1998 ofrece, de xeito ininterrumpido, un catálogo virtual, constantemente actualizado, do libro galego. No Nadal de 1999 abriu un espazo cultural físico duns cen metros cadrados en Vigo, co fin de dispor dun lugar onde achegar aos interesados ao libro e á cultura galega onde celebrar actos, encontros, presentacións de libros, exposicións… e a partir de setembro de 2013 múdase para un novo local máis amplo na Avenida das Camelias, 102.
Andel quere brindar a todos os que visiten a súa web a posibilidade de cartearse con autores ou editores galegos. Só ten que envíarnos a súa mensaxe para un autor ou editor, e Andel comprométese a facerllo chegar. Encha os campos do formulario que aparece debaixo.
Tamén podes facerte sociX para disfrutar das vantaxes exclusivas de Andel!!
O establecemento atópase en Vigo, concretamente en: Tel.:  Avda. Camelias, 102 baixo – 36211 – Vigo
Que che dá preguiza ir? Ten a opción de venda online e para resolveres calquer dúbida podes poñerte en contacto por:
Algunhas das opcións que che ofrece a súa páxina web:
– Novidades
– Arte e ensaio
– Xuvenil
– Infantil
– Literatura
– Coleccións
– Obras de referencia
– A nosa música
– Oportunidades

Amplía a túa cultura sen moverte!! 

2 comentarios en “Páxina recomendada: Andel (libraría)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s