A base de datos dos Apelidos Galegos

Outra pegada histórica que diferenza Galiza do resto de culturas é a identidade principal de cada un de nós: o nome e apelidos.

Un nome é escollido por gusto; ou por gusto máis algún motivo como pode ser por facer honra a alguén queridX. Pero os apelidos non. Os apelidos non se escollen, tocan ao azar e levaralos sempre.

Como este texto recollido na páxina da USC que o explica perfectamente: “Os apelidos de hoxe orixináronse pola necesidade de identificar e distinguir as persoas. E para iso utilizáronse sobrenomes, patronímicos ou designativos de lugar, que só se comezaron a facer hereditarios en Galicia desde finais da Idade Media. A maioría dos apelidos de Galicia teñen orixe en nomes de lugar (apelidos toponómicos: Piñeiro ou Castro), en nomes de persoa (apelidos patronímicos: González ou Vázquez) ou en nomes de oficios, dignidades, animais, características físicas, etc. (apelidos lexicais: Ferreiro, Conde, Pita, Rouco ou Louzao).”

Na páxina atoparás máis de 4.400 apelidos con información de diferentes lugares e inclusive podes axudar aportando información dalgún/s apelido/s.

Sen máis, deixo a ligazón da páxina para que a descubrades por vós mesmXs!!

logo_apelidos

 

http://apelidosgalicia.org/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s