Autora do blogue

Blogueira que busca a Galiza agochada. A única pista que teño é que a enterrou a galegofobia…

NON SON FILÓLOGA polo que se percatas algún erro, non dubides en poñerte en contacto comigo 😉

Tivera un profesor de galego que dicía, que, a nova normativa que saira no 2003 non valía para nada e que non sabía onde saíran “semellantes palabras raras… Por iso, para min foi unha sorte de coñecer unha mestra como María Vilarinho, que embólbete na maxia  de Galiza e acabas namorándote aínda máis deste “país”. Porque non só me ensinou a gramática, ortografía e sintase , senón moito máis: fíxonos lembrar que houbo xente que se sacrificou moitísimo para que o galego estivese vivo para que, nun futuro, os seus fillxs e netxs puidesen coñecelo e gozalo. Esa xente loitadora que eran os nosos propios avós e avoas! Polo tanto, levamos a sangue deses loitadores valentes e non nos rendiremos!

E entendín… entendín que o querían agochar e que existe moita galegofobia e queren que a teñamos usando estratexias sen que ninguén se percate!!

Entón, comencei a abrir os ollos… 

Quero chegar a tódolos galegos e galegas que perderon a esperanza; achegar positivismo para crer que Galiza SI pode cambiar, SI que vale moito e non se valora o suficiente.

Intento que reflexionemos, nos rebelemos e loitar polo que nos pertence berrando aos altos cargos políticos: “Quero galego porque é único! Galiza é única! Non hai outra como ela! porque xente, cultura, ocio son diferentes do resto de España e do mundo! 

Por estes motivos e moitos outros que irei publicando, está feito este blogue.

Para todos os galegos e galegas que se olvidaron de loitar polo que lles corresponden.

Para eses que din que en Galiza non hai nada bo.

Para ver a Galiza que realmente existe.

Esa outra Galiza que está diante dos nosos ollos e que queren enterrala.

Outra Galiza…

Outra maneira de ver Galiza…

Vexamos máis alá…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: