Blogue para mellorar ou aprender a lingua galega

Outro blogue que administro é Mellora e aprende a lingua galega  que de forma rápida e sinxela poderás mellorar ou aprender o galego. Explicacións breves Aclaración das dúbidas máis comúns Ligazóns con explicacións máis detalladas para informarse a fondo Recomendacións de tradutores en liña Exercicios con solucións Castelanismos máis frecuentes e a forma correcta en galego... Seguir lendo →

¿Os medios galegos son importantes?

Grandes palabras de Carlos Blanco pois poucos artistas se mollan desta maneira: https://www.facebook.com/GalizaOficial/videos/976670059079567/ CARLOS BLANCO Actor Vilagarcía de Arousa 1959 Actor cunha ampla traxectoria teatral (ademais de autor e director), é un dos actores galegos de TV máis coñecidos: presentou e colaborou en multiples programas da TVG como “Sitio Distinto” ou “Luar”. Durante tres anos... Seguir lendo →

Páxina que che explica con vídeos as túas dúbidas do galego!!

Membros da Academia e especialistas do Seminario de Lexicografía responden en vídeo dúbidas sobre termos e expresións, tamén sobre a orixe das palabras, e fan recomendacións normativas. Se che interesa, podes enviar as túas cuestións a Pregúntalle á Academia. [Se fas clic no + do título da esquerda, veralos todos] Inclúe apartados como: - xogos - léxico:... Seguir lendo →

A base de datos dos Apelidos Galegos

Outra pegada histórica que diferenza Galiza do resto de culturas é a identidade principal de cada un de nós: o nome e apelidos. Un nome é escollido por gusto; ou por gusto máis algún motivo como pode ser por facer honra a alguén queridX. Pero os apelidos non. Os apelidos non se escollen, tocan ao... Seguir lendo →

Todos os días son feiras!! (Dúas formas de chamar aos días da semana)

A semana é un período de tempo de sete días consecutivos. Este período correspóndese coa cuarta parte dun ciclo lunar, de 28 días, que desde antigo serviu como base para o calendario lunar. En lingua galega hai dúas formas para denominar os sete días da semana. Dunha banda consérvase a asociación de cada día cun... Seguir lendo →

9 poemas galegos para un día de inverno

O fermoso inverno ❤

Iván Fernández Coba

Logo de comezar este ano cun anticiclón que nos trouxo uns días fríos e despexados, a chuvia retorna á nosa Terra, as nubes volven a ocultar ao astro rei e a humidade e o tempo fresco impera nos nosos campos de novo. Se cadra é un bo día para reflexionar un pouco axudados por esta pequena escolma de nove poemas extraídos de distintos libros e autores galegos cunha temática común: a chuvia e o inverno.

Inverno

Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.

Dor da mau encallecida,
dor da xente aterecida
de frío polos camiños.
Dor dos vellos e meniños.
Dor dos homes desherdados
e dos que están aldraxados.

Mágoa da feria allea.
Dor dos que están na cadea,
dos que sofren a inxustiza
e viven baixo a cobiza.

Mágoa e loito
por tanto pranto que escoito.
No meu peito, sulagado,
soturno, fondo, calado,
un…

View original post 585 palabras máis

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: