Can de palleiro: raza de can autótona galega

Foime difícil a decisión de publicar este artigo…

O meu corazón está divido xa que, eu apoio  a iniciativa de adoptar antes de mercar. Polo que este artigo non está para facer publicidade de nada, só informar para os que non o saiban, de que ata temos unha raza autótona propia de Galiza.

A decisión deste blogue foi decisión do meu corazón. Si, como o les…

Vou contar o proceso…

Estaba a mergullar pola rede ata que por casualidade aparecía un artigo do can de palleiro. E pensei, “Ei! Boa idea para o meu blogue!”

Investiguei como se conseguía un e resulta que atopei un club que aparte de vendelo, pois dedícase a conservar a raza e pódeste facer socio ou socia por 20 euros ao ano para axudar a manter o proxecto.

Entón aí entrou en debate o meu músculo máis prezado (o corazón):

– Mercar?? Se sempre dis que hai que adoptar! Pensa nos cans abandonados que buscan fogar!

– Vale, pois non publico… Pero gustaríame falar tamén do can de palleiro para que non se perda a súa raza… ao fin e ao cabo son animais que non teñen culpa da acción humana. Son animais en perigo de extinción! Tamén teñen problemas!

-Mmm… vale… pois porqué non publicas tamén un centro de adopción e así estamos en paz?

– Boa idea!

E así, o corazón quedou máis tranquilo. Non de todo pois , non quere perxudicar a ningunha vida animal mais este blogue non é para facer publicidade á empresas que teñen como obxectivo o beneficio propio… Mais, as persoas que se dedican a conservar unha especie, moita maldade non han de ter tampouco, non?

Pois veña, comencemos!

Fermosísimo verdade?

Pois pásovos as súas características por escrito tamén con esta páx. que atopei: por se non tivechedes tempo a captar toda a información da reportaxe 😉  http://www.rios-galegos.com/canpalleiro.htm#Características

 Pois para mercar un can de palleiro aquí está este club que, tamén como dixen anteriormente, se queres axudalos podes ser socio con 20 euros ao ano! Só 20 euros! Pensa en qué tonterias gastas por aí e que non serve para nada… pois por 20 euros anuais axudas a conservar a unha raza, que che parece?

http://www.clubcandepalleiro.com/

Este club é seguro de que a raza sexa 100% auténtica, xa que hai moitos estafadores que intentan vendercho como auténtico e non é verdade. MOITO OLLO!

E agora a parte do trato.

Algúns  centros de adopción onde podes adoptar animais en búsqueda dun fogar:

En CEE, o famoso Salvacadelos! http://www.salvacadelos.com/

Ferrol e outros lugares de España,  Kiwokohttp://www.kiwoko.com/centros-de-adopcion

Se sabes algúns máis, comparte cos lectores e fai o teu comentario para axudar 🙂

Tamén xa sabedes, podedes buscar en Google o centro que estea máis preto de vós 😉

Volvo a repetilo: OLLIÑO!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s