Xogos de sempre, “Enredamos”

Coa morriña grande tras recordar os xogos das palmas, a roda, etc… Púxenme a buscar xogos populares que xa non teñen tanta popularidade entre os rapaces de agora. Eses xogos que foron substituídos pola Wii, Play Station e derivados. Si, os tempos cambian pero é moi triste ver que non saben saltar a corda nin xogar ao marianela… porqué? Porque os rapaces necesitan moverse, sentirse libres, caer e aprender a levantarse, ver as cousas por eles mesmos… non estou dicindo que evitemos darllles os trebellos modernos, senón que, ensinarlle un pouco de todo, non?

E tamén hai pais, que llos dan para que “non os molesten….”. Os nenos non son persoas maiores. Pois claro que van querer que lles prestes atención e xogues con el! Que é un neno! E despois cando se volven adolescentes, queremos que nos fagan caso… Os adultos poden sentarse e portarse ben pois teñen esa capacidade… pero a un neno pedirlle que estea quieto en todo momento no seu sitio xúrobos que me dá unha rabia… é un neno! Déixalle selo! Pero ollo! Non confundir con deixarlle facer o que lle dea a gana… ensínalle xogando e aprenderá axiña e divertíndose e cando máis brinque, mellor! E paciencia, moita paciencia…

Tamén hai pais, que, polo seu traballo lles impide pasar tempo cos seus fillos e entón recurren a esta solución. Aquí non digo nada porque é obvio que se traballan é polo ben dos seus nenos. Pero se é por vicio, non o apoio pois, os fillos prefiren ter a uns pais que estean con eles e non pais que pensen que por regalarlles cousas carísimas xa exercen de pais. Pois eles non saben o valor das cousas pero si que valoran que esteades con eles.. Pero cando hai necesidade e estamos no país que estamos, pois non hai outro remedio… entón este caso pois hai que entendelo.

Pois volvendo o tema principal, atopei este blogue que, persoalmente, o mellor que vin sobre xogos populares xa que é completísimo!

http://enredoscampolongo.blogspot.com.es/

Acada todas estas temáticas e onde nalgúns ensinaranche con vídeos explicativos para que o entendas mellor. Vamos, un luxo!

En fin, clickea en tódolos sitos para lembrar/aprender esa infancia que a podes ensinar aos teus fillos/netos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s