Resumo das leis da lingua galega

Non temos moi claros os nosos dereitos e dannos preguiza ler o “tochón” da DOG. Ben, pois aquí aclárovos o esencial que deberiamos saber toda cidadanía española.

A constitución Española de 1978 é a primeira lei que recoñece que o galego é lingua oficial de Galiza. Aínda así, só existe o deber de coñecer o español e non ocorre o mesmo coas restantes linguas. Establécese deste xeito unha “cooficialidade asimétrica”, pois os distintos idiomas non son tratados por igual:

Artigo 3. O castelán é a lingua española oficial no Estado. Toda cidadanía española teñen o deber de a coñecer e o dereito de a usar. 

As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.

A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

O Estatuto de Autonomía de Galicia vén confirmar o estipulado na Constitución e establecer os deberes dos poderes públicos con respecto á lingua:

Artigo 5: Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. (En teoría, claro…)

Ninguen poderá ser discriminado por causa da lingua.

 

 

En 1983 apróbase a Lei de Normalización Lingüística, coa que se consegue, por exemplo, que o galego se incorpore oficialmente ao sistema educativo:

(Título1 . Dos dereitos llingüísticos de Galicia)

Artigo 1: O galego é a lingua propia de Galicia. Todos os galegos teñen o dereito de coñecelo e usalo.

Artigo 3: (…) Os cidadáns poderán dirixirse aos xuíces e tribunais para obter a protección xudicial do dereito a empregar a súa lingua.

Os cidadáns teñen dereito ao uso do galego, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa Administración pública no ámbito territorial da Comunidade Autónoma.

Artigo 10: Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.

No ano 2007 sae á luz o Plan xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unamimidade de todos os partidos poñíticos e que desenvolve a Lei de Normalización Lingüística, que establece medidas para estender o uso do galego a todos os sectores e da poboación.

No ámbito educativo, non hai moito entrou en vigor o Decreto 124/2007 de 28 de xuño polo que se establece o emprego do galego no ensino non universitario.

En xeral, o que dispón este decreto é que o alumnado debe recibir un mínimo do 50% da docencia en galego en todos os niveis de ensino non universitarios.

O galego nos distintos ámbitos de uso

O galego na administración autonómica e as institucións democráticas (Xunta, Parlamento,, Valedor do Pobo, DOG) están abrigadas a empregar o galego e a´si o fan no seu uso formal e escrito.

No que se refire á interacción dos funcionarios da administración e os administrados o seu emprego é desigual. A relación co público, que por lei ten dereito a ser atendido en galego, non sermpre se realiza nesta lingua.

Dato curioso: Algúns concellos urbanos e semiurbanos adoitan contar cun Servizo de Normalización Lingüística que traduce a documentación que xera a institución, resolve dúbidas terminolóxicas e asesora na rotulación e nas comunicacións da entidade municipal cos cidadáns.

Ligazón de interese: Estatuto de Autonomía de Galicia

Fonte: Libro de texto “Lingua galega 2º bacharelato, Proxecto A casa do Saber, Obradoiro Santillana” 

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑