Motivos das normas do galego actual

¿Por que é necesaria a nova normativa?

¿Por que esas palabras “raras” que hai agora no vocabulario galego?

¿Son palabras inventadas ou de onde veñen?

Para que non te quedes coas dúbidas velaquí fago un resumo moi da normativización da lingua galega e ao final comparto ligazóns con información máis extensa para que queden todas as túas preguntas resoltas!

 

A NORMATIVIZACIÓN

Todas as linguas necesitan unha forma estándar que se empregan nos usos formais, no ensino e nos medios de counicación.

Despois está según o nivel sociocultural; según as circuntancias de cada acto de fala (asunto, ambiente, interlocutor…)

A lingua estándar serve de medio de comunicación común a individuos dunha mesma comunidade lingüística, sobrepónse ás diferenzas e á variedade das modalidades faladas. Presenta un carácter conservador cun conxunto de regras de corrección recollidas por gramáticas e dicionarios.

O proceso a través do que se “elabora” a variedade estándar da lingua denomínase estandarización lingüística ou normativización. Consiste na fixación dunha variedade estándar que sirva como modelo de corrección e referencia para tódalas demais variedades. Disto ocúpanse os lingüistas e filólogos cando crean unha gramática ou cando establecen as normas ortográficas e morfolóxicas ou o léxico correcto que debemos empregar.

¿Que tiveron en conta estes filólogos e filólogas?

Ao longo da historia, despois de que o galego sufrise as consecuencias dos prexuízos, os expertos querían afastar o galego o máximo posible do castelán para remarcar así a súa identidade propia. Este obxectivo lévaos a incluír cultismos que prestixian o idioma como os hipergaleguismos. Intentado así, acentúar o valor do idioma.

Por outra banda, están os expertos que defenden que o galego ten que ter “toques” do portugués porque nalgún tempo da historia, o portugués e o galego eran a mesma lingua. Entón, consideran que o portugués ten que ser o modelo para o galego culto.

Conclusión: o galego necesitaba unha forma estándar tras sufrir castelanismos no seu uso e os expertos intentaron conservar a lingua a través dun extenso estudo lingüístico.

Pincha aquí para ver o texto de onde saquei este resumo.

Unha opinión sobre “Motivos das normas do galego actual

Add yours

Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑