É Entroido… non Carnaval…

Entroido, Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo, Entroiro son distintas formas de chamarlle “Entrada” a nova estación, a primavera.

A primavera, como todos e todas sabemos, é a estación na que chega o sol e na que renacen as flores de distintas cores, saen os animaliños a disfrutar do sol e os paxariños volven a cantar; amosando así a súa liberdade e desexo de vivir para calquer habitante do planetprimaaaa Terra. Mais non chega de repente… As temperaturas van subindo pouco a pouco e, nese proceso, os nosos ancestros, como os celtas, agradecían a súa chegada con rituais ata que evolucionou ao Entroido que hoxe coñecemos.
Esas cores vivas que pintan nesta estación vense reflexadas nas distintas festas nos traxes do Entroido e inclusive a representación de animais, xa que, crese que vén dos tempos celtas que estes admiraban as peculiaridades de cada animal e os “adqurían” como propios co fin de que unha persoa puidese adoptar eses dons.
Como comentamos, a primavera representa liberdade e por iso (sobre todo na Idade Media) intercambiase a orde e de papeis da vida cotía, é o momento da de parodia e crítica social.

Mais ollo! Entroido non é o mesmo que Carnaval.
O termo Carnaval ten a súa procedencia de Italia “carnevale” e este da palabra latina ‘carnem levare’. En ambos casos, a palabra componse de ·”carne” e o verbo “levare” (quitar) que literalmente é “quitarse da carne” aínda que é máis entendible “despedirse da carne”. O Carnaval é un “proceso” para coller forzas engulindo sobre toCapturado carne referíndose ao alimento e tamén a carne humana referíndose a relacións sexuais para levar de forma levadeira a as prohibicións da Coaresma imposta pola igrexa católica. Ousexa, O Carnaval non existiría sen a Coaresma.
O Carnaval de Italia foi o que máis floreceu e inclusive o uso de máscaras típicas desa zona foise facendo máis común. O emprego das máscaras permitía nesta festividade non facer distincións de clases e tamén ocultar ao presunto “pecador” ou “pecadora”…
O Carnaval espallouse de tal forma que foi subsituíndo a festividades similares como o Entroido mais que en esencia, non é o mesmo.

Outro dato que diferenza é que, no Carnaval as datas corresponden ao calendario cristián e o Entroido comeza o 1 de xaneiro e remata arredor do 21 de marzo.

En Conclusión: O Entroido é de orixe celta, con rituais, costumes, celebracións, traxes e inclusive gastronomía propios.
O Carnaval ten a súa orixe en Venecia e manifestouse pola Coaresma.

Outro dato que debemos ter en conta é que nos traxes do Entroido, son iso, traxes e non disfraces. como pode ser o peliqueiro. Son traxes como é o traxe de noiva ou o traxe do bispo… Os disfraces son, por exemplo, Batman, Super Mario, etc. Moita xente séntese ofendida con esta confusión. Moito coidado de confundirse porque para moitos e moitas, chamar disfrace a un traxe é unha ofensa…

                         Algúns Entroidos galegos (Parte 1)

Laza ( Ourense )
Os actos nas rúas da vila comezan oficialmente o primeiro día de cada ano, e
prolónganse ata o domingo de Piñata.

peliOs Peliqueiros, pese a ser dunha orixe un tanto descoñecida, son os grandes
protagonistas desta festa. Chamados así pola pel de animal que levan detrás da
máscara. Encárganse de anunciar a chegada do Entroido facendo barullo polas noites nos tres venres anteriores ao mércores de Cinsa.
Hai quen di que os chocos que levan no cinto son para espantar espíritos, lobos…
O traxe non o pode levar calquera, xa que, ten que estar entrenado ou entrenada.
Tamén, non deixarán seguir coa troula a quen viste mal o traxe con algún elemento
cambiado de sitio, etc, pois sería unha deshonra. Isto é moi en serio, pois pasa todos os
anos que teñen que sacar xente que non está preparada nin concienciada.
OLLO! Non se insultan! Hai moitos blogues que afirman que se poden insultar mais ao día de hoxe NON ESTÁ PERMITIDO.

Coidadiño se te interpós no seu paso pois levan suxeita man unha “zamarra” ou
“zarrapo” que fan estalar no chan e inclusive golpean (con sentidiño” a aqmorenaueles e aquelas
que non deixen paso, etc,.
Outra figura destacable é a morena, unha vaca feita de tea e con cornos que, acompañada de veciños e veciñas voluntarios, suxeitan uns toxos para facer paso á protagonista. E atrás dela reparte fariña e formigas mergulladas en vinagre (o vinagre
serve para rabialas) e esparexelas a todo aquel e aquela que se atope por diante.
Mais a morena non é a única que pode lanzar estas armas tan fachendosa, pois na batalla do Borralleiro, a xente leva sacos con formigas con terra e vinagre tan atraentes para darlle o un agasallo de terapia de acupuntura de formigas enfurecidas a túa sogra ou ao teu xefe. …
Tamén está a batalla da Farrapada que consiste en tirar trapos con lama ou feluxe
(cinsa e auga) e inclusive, os que máis te queren, levarante a unhafariañada bañeira chea de
lama para relaxarte cunhas “agarimosas masaxes”…
Tamén nestes días fan a lectura do “testamento do burro”; co que se dá un repaso sobre un escenario e a micrófono aberto de forma burlesca á vida social  e política.

 

A bica branca de Laza ou bica do peliqueiro:
Na provincia de Ourense, e en xeral en Galiza, é típico elaborar este doce sendo a preparación diferente polo toque persoal das xentes de cada localidadbicae. A particularidade da bica de Laza é que se elabora con ingredientes brancos e de aí o seu nome.
Podemos ver tamén aos veciños repartir aos peliqueiros este doce mentres andan pola rúa e inclusive poden entrar nas casas a roubar bica!
No Domingo do Entroido, á saída da misa, amablemente, saúdan aos que asistiron á
mesma. Van a recoller o carro da Bica e de volta repártena entre os asistentes!
Os Peliqueiros amosarán o seu loito tralo enterro portando un pano negro que cruza a
mitra da careta de lado a lado. A verbena porá o punto e seguido ao Entroido do ano
seguinte.

Por suposto que o entroido de Laza ten moitísimas máis cousas por ver e compartir e
para iso déixote que te envolvas na súa maxia visitando este lugar cheo de  tradicións e costumes que tantos anos foron sostendo e que te esperan en Laza! Non te defraudarán!

Lembra!!
Entroido non é o mesmo que Carnaval!
Non son disfraces senón traxes
Non se insulta aos peliqueiros

 

Artigo e idea de Velaínha.
Colaboración e aportes: Eloi dos Freiria, fundador da canle en Youtube chamaporkinda
teTelevejo que está relacionada coa cultura galega en xeral e na cal vos recomendo ver
os seus vídeos para ter unha idea máis realista do Entroido de Laza e outros de Galiza
que conta coa colaboración dun simpático acompañante de viaxes como é Porquín.
Tamén contei coa colaboración da filóloga, María Vilarinho.

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑