Cal das tres bandeiras representa Galiza para ti?

nacionalismos-dia-galicia-2015-kdMF--620x349@abc

Velas ahí e non saben de onde viñeron. Quizais faste preguntas ao momento mais ao segundo xa se che olvida e cando as volves ver, vólveste a preguntar: “Qué bandeira é esa da estrela vermella que sempre aparece en manifestacións relacionadas con Galiza?”, “E a qué vén esa na que aparece unha serea?”, “Por qué non usa todo o mundo a oficial?”

Ben, pois neste artigo centrarémonos nas que máis se usa para representar Galiza: A Estreleira, a que propuxo Castelao e a oficial. Cada bandeira contén símbolos con moito significado e moita historia por detrás dando así a cada unha un sentimento diferente a cómo ven a Galiza.

Comencemos:


A bandeira galega actual nada século XIX,  está inspirada na banda da Comandancia Naval da Coruña, a chamada Cruz de San Andrés, formada en 1845.

Que viña sendo esta:

bande

 

mais como se parecía á bandeira naval rusa:

russia-naval-ensign

 

quitáronlle unha banda para non confundila e ao cal quedou así:

Bandeira_galega_civil.svg

 

barc

Durante o século XIX, moita xente galega emigraban cada ano cara a América para escapar da crise económica e política.

O porto principal desde o que partían todos os barcos era da Coruña onde tamén se  situaba a comandancia naval.

Segundo unha teoría, esa bandeira era a ultima que vían ao marchar no barco e ao chegar ao estranxeiro a tiñan presente e a usaban para lembrar a súa terriña.

 

essscc

Mais hai quenes afirman…

Que a bandeira xa fóra deseñada anteriormente posto que os restos mortais de Rosalía de Castro, finada en 1891, foron acompañados da dita bandeira. Unha bandeira que sería deseñada polo seu home, Manuel Murguía.

 

 


Estreleira:

1200px-Bandeira_galega_nacionalista.svg

Nada nos 1960.

É a representación do nacionalismo e independentismo galego de esquerdas. 

A estrela representa á vez os:

– Cinco dedos da man do proletario.

– Cinco continentes, ao que se relaciona co internacionalismo do lema marxista: ¡Proletarios de todos los países, unídevos!.

– Os cinco grupos sociais que posibilitaron eo tránsito ao socialismo: a xuventude, os militares, os obreiros, os campesiños e os intelectuais.

 


castelao

A bandeira proposta por Castelao

Castelao propuxo substituir os elementos relixiosos por outros laicos e denotar a ansia de dignidade e liberdade dun terrritorio controlado polos golpistas.

fsfdvs

A serea: elemento mariño que tanto representa Galiza: o mar. A serea do escudo que propuso Castelao foi inspirado nun gravado dun antigo pazo de Rianxo (cidade natal de Castelao), Asadelos, que procedía da familia Mariño de Lobeira (emparetados con familias poderosas como a dos Condes de Trava).

Mais non é a única serea que representa a familia Mariño pois  están repartidas por toda Galiza en igrexas e  polo que aumentaría o sentido representativo no territorio galego como por exemplo na igrexa parroquiarl de San Miguel de Treos (Vimianzo) .

bbbb

A fouce de ouro: simboliza a herdanza céltica para que non esquecemos de onde vimos; e a rebeldía dos agrarios e dos irmandiños.

Para Castelao, despois das violacións e torturas nas que Galiza foi sometida,  a Galicia xa non lle quedaba máis que “a fouce de ouro sobre fondo azul e a estrela vermella, como emblema do traballo e da liberdade”.

Estrela vermella: Apoiaba á cultura labrega e máis á ideoloxía nacionalista.

Ao redor levaría o lema “Denantes mortos que escravos”, frase usada en 1806 polos membros do Terzo dos Galegos de Bos Aires cando se enfrontaron na guerra as tropas inglesas. Que combateu baixo a bandeira do Reino de Galicia.

 


A bandeira oficial:

bgalega8

As sete cruces:  representan as sete divisións históricas do antigo Reinado de Galicia: Santiago, Betanzos, Mondoñedo, Tui, Lugo, Ourense e A Coruña.

O cáliz ou Santo Grial

As primeiras documentacións referentes ao Grial din que o cáliz ten forma dun útero representando a feminididade, o nacer da vida. Entón as mulleres eran quenes podían facer continuar a vida e ao beber da súa sangue, daría a vida eterna. uter

Logo pasou a converterse nunha lenda máis posesiva e patriarcal pois substituíron a muller polo sol, ao cal era considerado un deus e solxa apuntaba a quitar protagonismo feminino…

Logo pasou a ter o sentido cristiá adorando a un único deus todopoderoso…. masculino. Ubicando así a muller como un ser inferior.

 

Mais o cáliz da bandeira de Galiza en concreto non só representa a influencia da igrexa católica en Galiza, senón que, neste caso existe unha lenda que nace no santuario de Cebreiro, Lugo, onde xurdiu unha lenda dun milagre de que o viño do cáliz se convertera na sangue de Cristo.

En 1972 a Real Academia Galega propuso á Xunta de Galicia de conservar a memoria dalgúns elementos da bandeira antiga pero con connotacións cristiás, facendoa así a bandeira oficial De Galiza.

A bandeira oficial é a que debe aparecer e figurar nos actos oficiais do goberno e institucións galegas: concellos, deputacións, consellerías, etc (Artigo 2.2 da Lei 5/1984 de Símbolos de Galicia)

E a coroa é símbolo da realeza.


En definitiva:

A bandeira da Estreleira é independenstista.

A bandeira da serea é unha que propuso Castelao.

E a bandeira oficial é monárquica. 

Todas elas cun mesmo fondo inspirándose na da Comandancia Naval d’Coruña.

curioso

Máis curiosidades:

As máis antigas representacións do escudo galego datan do século XV. Pódense ver en numerosos edificios de arquitectura civil galega espallados polo territorio. Hai mostras no Hospital Real de Santiago, chamado actualmente Hostal dos Reis Católicos, nas murallas da Coruña, no órgano da Catedral de Lugo, no Concello de Betanzos ou na Igrexa de Noia.

Mais este artigo centrouse na historia das bandeiras actuais e por iso non fun máis atrás posto que esas bandeiras máis antigas xa tiñas outro aspecto diferente que non tiñan moito ou nada que ver coas bandeiras das que se centrou este artigo 🙂


A medida que fun facendo este artigo atopaba máis e máis historias e lendas relacionadas coas bandeiras que do artigo. Entón, ao percatarme de que o tema era máis diverso do que cría e hai diferentes versións, procurarei actualizar este mesmo artigo intentando contrastar a información en todo momento. Mais o que queda claro son as difrenzas dunha á outra 🙂

“Velaínha”

Queres saber con máis profundidade? Clickea nas ligazóns:
Os cambios da nosa bandeira
A Estreleira
Orixes da bandeira de Galiza e escudo
Xenealoxía da liñaxe dos Mariño de Lobeira
Galiza en Xogo de Tronos
   Máis escudos antigos galegos
A liñase das sereas, unha fermosa lenda

 

Artigo feito intentado contrastar as informacións das seguintes fontes:
https://www.elidealgallego.com/articulo/comunicados/origenes-bandera-galicia-escudo-gallego/20180712092115378406.html
https://praza.gal/opinion/os-simbolos-de-galiza
https://www.farodevigo.es/opinion/2008/06/16/da-fouce-e-da-estrela/234254.html
https://vexilologia.org/los-origenes-de-la-bandera-de-galicia-y-el-escudo-gallego/
https://conocelasbanderas.com/c-naciones/bandera-de-galicia/
Colaboración: Información Turística Incolsa (Concello de Santiago)

Idea e artigo de Velaínha

 
What do you want to do ?

New mailCopy

 

2 opiniones sobre “Cal das tres bandeiras representa Galiza para ti?

Add yours

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑