Vídeo dunha mexicana explicando o día das Letras Galegas

Miña gran querida amiga… cando a coñecín non sabía nin que existía o noso idioma e aínda así involucrouse ao máximo en coñecela . Xa de primeiras pedíume que lle falase galego e ata o día de hoxe comunicámonos así: ela español e eu galego; mais  o entende perfectamente. Só se perde cunhas palabriñas igual que eu me perdo con algunhas expresións que usan en México. (para que logo digan que o galego de hoxe en día ninguén o entende….)

Metiuse tanto en Galiza  dende a súa terra que ata fixo un vídeo das letras galegas!! Mais xa é 27 de maio, xa pasou as letras galegass!! Nah, nunca é tarde para defender o noso idioma<3
Dende aquí quero darlle grazas a miña amiga, Arleking. E non só pola súa gran amizade, que tamén. Senón por meterse na situación de moitos galegos e galegas que defenderon con uñas e dentes a nosa cultura. Que o pasaron mal sentíndose humillados polo simple feito de falar a súa lingua materna. E inclusive exiliándose para protexerse.

E ao día de hoxe existe moitos prexuizos e coa tendencia de que a lingua desapareza pois todos e todas sabemos que hai moita xente que lle dá vergoña falalo.
Miña amiga o sabe ben e por iso dende as súas terras mexicanas, apoíanos entendendo perfectamente a situación dunha galega/o falante .

E isto non vai ser todo. Porque a cultura é para unir, non para negar dela. E se todo vai ben, proximamente (pero non para estos días…) abrirei un novo blogue para aquela xente que descoñece da nosa cultura ou da xente que nega a ler en galego porque vai estar escrito en español!! Si, si. Como o ledes. Porque se soubese inglés, defendería en inglés o galego. Se soubese o ruso, o defendería en ruso… intentando facer que chegue a todo o mundo que na Galiza hai moito máis que contar… Pois penso usar os recursos que teño para ir máis alá para avanzar co meu obxectivo divulgativo. Nese blogue, a parte de dar a coñecer os nosos costumes perdidos, historia, etc;  intentarei animar a xente non galega a que fale galego a través do español… Porque quero que, cando veñan visitar estas terras, sintan realmente o que é Galiza, xa que, non é só praias e paisaxes fermosas…

Porque a cultura está en cada un de nós e, se desaparece, desaparece tamén a nosa identidade.

 

E aquí unha curiosa amizade a distancia sen saírse ningunha do seu idioma… ❤

Galiza e México unidos pola cultura ❤

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: